Friday 10 de May de 2024

Pedro Sánchez reivindica na Coruña o papel das mulleres na celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


Inés Rey: “La inteligencia artificial necesita una perspectiva en igualdad que sólo se garantiza si estamos representadas al 50%”

A astronauta, Sara García, acompañou ás ministras de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, e de Educación, FP e Deporte, Pilar Alegría, nun coloquio no que participaron un cento de rapaces e rapazas da Coruña

A Coruña acolleu esta mañá a celebración nacional do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co presidente do Goberno, Pedro Sánchez. A alcaldesa, Inés Rey, iniciou o acto reivindicando a necesidade de mulleres referentes na ciencia para as futuras xeracións: “A las niñas, y hablo por las que lo son hoy pero también por las que lo hemos sido, nos hacen falta referentes porque la vocación científica, como cualquier otra, se desarrolla desde edades tempranas” explicou.

Preto dun cento de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato dos IES Rafael Dieste e Salvador de Madariaga asistiron ao coloquio, no que interviron a ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant; a ministra de Educación, FP e Deporte, Pilar Alegría; e a investigadora, Sara García, primeira astronauta española da ESA. A alcaldesa lembrou que A Coruña é sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial e estableceu como reto inmediato construir un espazo dixital en igualdade: “La brecha digital es ínfima, la de género no. Y la inteligencia artificial necesita una perspectiva en igualdad que sólo se garantiza si estamos representadas al 50%”.

Rey trasladoulle o agradecemento ao Goberno de España pola celebración do acto nacional no MUNCYT da Coruña e destacou a oportunidade de contar coa presenza de Sara García.

“Sin duda un empujón más para derribar ese muro que todavía hoy nos mantiene a mujeres y niñas a cierta distancia del campo científico” explicou.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, situou A Coruña como cidade de referencia en ciencia e tecnoloxía. “Hablar del futuro es hablar de ciencia y precisamente quiero hacerlo aquí en A Coruña, una ciudad que como ha dicho antes la alcaldesa, va a ser la primera Agencia de Supervisión de la Inteligencia Artificial,” explicou.

O presidente tamén abordou a falta de referentes femininos como causa de menor taxa de mulleres científicas. “Esto nada tiene que ver con la vocación, con vosotras, sino con la desigualdad de género que durante muchos años ha sufrido el conjunto de la humanidad y la masculinización de la ciencia, pues como decía bien antes la alcaldesa, siempre recordamos referentes hombres en ciencia, deporte y tantos otros ámbitos y sin embargo pocas mujeres”.

Pedro Sánchez avanzou que o Goberno de España creará unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico co obxectivo de dotar de ferramentas aos investigadores e investigadoras do país.